O goberno municipal humanizará a rúa República Arxentina
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de pavimentación que permitirá conservar e mellorar as características funcionais da vía.

O alcalde deu conta do proxecto da obra que prevé iniciarse a finais de verán e que ten como obxectivo rehabilitar e protexer o firme para conservar e mellorar as características funcionais da vía e conseguir unha maior durabilidade. Permitirá mellorar tamén as condicións da conexión entre as rúas Urzáiz e a Avenida de García Barbón e desde o cruzamento de Rosalía de Castro ata o Arenal. Ademais, renovarase toda a sinalización horizontal.