venres, 18 dec 2009
Abel Caballero informou este venres da adxudicación de 25 proxectos de melloras en todas as parroquias de Vigo, aprobadas nas últimas 48 horas polo Concello en sendas Xuntas de Goberno Local extraordinarias. Os prazos de execución das reformas oscilarán entre dous e catro meses. Ademais, o alcalde informou das adxudicacións da cuarta fase da humanización de Travesía de Vigo e das rúas Tarragona e Regueiro, por un valor total de 2,4 millóns de euros.
luns, 14 dec 2009
Segundo indicou este luns Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local aprobou actuacións no rural por valor de 585.000 euros, como a adxudicación da construcción de beirarrúas en Subida á Madroa e na Baixada a Praia, e a instalación de case 600 novos puntos de luz no rural vigués. Ademais, o alcalde informou da concesión municipal de 105.000 euros de axuda á creación de 45 novas empresas.
venres, 4 dec 2009
O alcalde informou da decisión tomada na Xunta de Goberno Local de hoxe venres, pola que ratifícanse as modificacións no tamaño dos aparcamentos de Rosalía de Castro e Areal, ambos afetados polos restos arqueolóxicos atopados. O soterrado de Areal xa iniciou os traballos previos e o de Rosalía iniciará a súa andadura despois das festas do Nadal, segundo avanzou Abel Caballero.
luns, 16 nov 2009
O alcalde, Abel Caballero, informou este luns do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, que aprobou aceptar unha subvención de 231.000 euros solicitada á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para a contratación de 15 ordenanzas ou peóns e 3 administrativas, persoas paradas e vítimas de violencia de xénero. Ademáis, o alcalde informou da adxudicación das obras de construción de beirarrúas en Macal (Castrelos) e Baixada á Praia (Saiáns) por valor de 262.000 euros. <br />