Escoitar

Constitución da Xunta de Goberno Local

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN CONSTITUTIVA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 14 DE XUÑO DE 2011.

luns, 13 xuñ 2011
ÚNICO.- Constitución da Xunta de Goberno Local en virtude do Decreto da Alcaldía de data 13 de xuño de 2011


DECRETO DE CONVOCATORIA
Convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión constitutiva na súa Sala o día 14 de xuño de 2011, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 13 de xuño de 2011.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,

Abel Caballero Álvarez Mª Jesus Lago Rey.