O alcalde deseña un Goberno en torno á promoción de emprego e á igualdade de xénero
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe, luns, a configuración do Goberno, que está deseñado en torno a dous eixos fundamentais: promoción económica e igualdade de xénero. Na que foi a primeira comparecencia pública desde o acto de investidura, Caballero explicou que funcionarán sendas comisións delegadas de Goberno en torno ás que se articulará a xestión municipal.
A Comisión para a Creación de Emprego, estará presidida polo alcalde, e contará coa presenza da primeira tenente de alcalde, o segundo tenente de alcalde, e os concelleiros de Economía, Comercio e Industria, Fomento, Emprego e Políticas de Benestar. A Comisión para a Igualdade de Xénero estará presidida polo Alcalde e completan a súa formación a primeira tenente de alcalde e os concelleiros de Igualdade, Políticas de Benestar, Economía e Emprego.
No que respecta á composición do Goberno local, o alcalde desvelou o decreto de delegacións que asinou esta mesma mañá: Carmela Silva será primeira tenente de alcalde, concelleira de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos; Carlos Font será o segundo tenente de alcalde, concelleiro de Seguridade, Tráfico e Transporte e Xestión Municipal, ademais de voceiro do grupo municipal socialista; Raquel Díaz dirixirá as áreas de Economía, Orzamentos, Patrimoio e Educación; Isaura Abelairas se responsabilizará de Cultura, Festas e Políticas de Benestar; Santos Héctor asumirá Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, ademais, será, xunto con Abelairas, deputado provincial; Cayetano Díaz dirixirá as áreas de Comercio, Industria, Turismo e Pymes, ademáis dos organismos do Ifevi e o Convention Bureau; David Regades será concelleiro de Fomento; Chus Lago asumirá Medio Ambiente, Igualdade e Xuventude, ademais de ser secretaria da Xunta de Goberno; Manel Fernández levará Deportes e Nornalización Lingüística; e, por último, Ángel Rivas se responsabilizará de Distritos, Parques, Xardíns e Limpeza.
Descargar todas as imaxes