Nova Corporación
Trece concelleiros do Partido Popular (PP), once polo Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) e tres en representación do Bloque Nacionalista Galego (BNG) conforman a nova Corporación Municipal viguesa.
Concelleiros do PP
- Corina Porro Martínez (Ferrol, 1953)
Diplomada en Enfermería pola Universidade de Santiago de Compostela. O 13 de decembro de 2003 toma posesión como alcaldesa de Vigo. O 18 de maio de 2009 toma posesión como Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, cargo no que cesou recentemente.
- José Manuel Figueroa Vila (Mos, 1.961)
En 1.984 inicia a súa actividade empresarial. Desde 1987 é membro da Corporación Municipal do Concello de Vigo. Actualmente tamén é Secretario Xeral do Partido Popular de Vigo. Vicepresidente Provincial do Partido Popular de Pontevedra. Vicesecretario Xeral de Partido en Galicia.
- María José Bravo Bosch (Ourense, 1967)
Doutora en Dereito pola Universidade de Vigo. Licenciada en Dereito pola Universidade de Navarra. Profesora de música. Grao Medio (conservatorio). Profesora Titular de Universidade da área de coñecemento de Dereito Romano do Departamento de Dereito Privado
- Roberto Relova Quinteiro (Ourense, 1963)
Licenciado en Arte Moderna e Contemporáneo pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi director do Conservatorio Superior de Música de 1995 a 2009.
- Marcos Araújo Pereira (Vigo, 1974)
Enxeñeiro Forestal pola Universidade de Vigo. Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais. Máster en dirección e xestión de empresas. Director Técnico de formación en urxencias en Seganosa. S.A. foi Membro da xunta directiva da Mancomunidade de Montes de Vigo.
- María Elvira Larriba Leira (Madrid, 1961)
É licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Museoloxía pola Universidade de Santiago. Técnico en Documentación. Desde 2007 é concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Vigo. No PP de Vigo forma parte da Xunta Directiva como Vicesecretaria de Acción Social
- María Teresa Cendón Alonso (Vigo, 1959)
Licenciada en Medicina e Cirurxía e especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública. Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais. Actualmente cursa a licenciatura de Historia da Arte e desenvolve a súa actividade profesional como facultativo da Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde en Pontevedra, no Servizo de Inspección Sanitaria
- Teresa Egerique Mosquera (Vigo, 1976)
Doutora en Xornalismo pola Universidade de Vigo. Profesora Asociada de Publicidade e Relacións Públicas na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra. Desde 2010 membro da Xunta local do PP en Vigo.
- Ignacio Javier López-Chaves Castro (Vigo, 1964)
Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de Dereito Civil da Universidade de Vigo. Avogado. Membro da Comisión Técnica de dereito do Consello Galego dá Cultura. Deputado portavoz de cultura do Partido Popular na 7ª e 8ª lexislatura do Parlamento de Galicia.
- Miguel Fidalgo Iglesias (Vigo, 1971)
Licenciado en Ciencias Empresariais e en Ciencias Económicas e Máster en Dirección Comercial e Mercadotecnia. Técnico superior de información especializada no Instituto Galego de Promoción Económica e exerceu como asesor de certificación, normalización e regulamentación técnica en 1997. Concelleiro do PP no Concello de Vigo responsable das áreas de Promoción Económica, Comercio, Industria, Turismo e Emprego, desde maio de 2007. Presidente da Comisión de Economía e Industria do PPDG, desde Agosto 2009. Vogal do Comité Executivo Provincial do PP de Pontevedra, desde Novembro 2009.
- Marta Iglesias Bueno (Vigo, 1970)
Licenciada en Filoloxía Inglesa e Máster en Organización e Dirección Turística e en Desenvolvemento local e Emprego. No mandato 2003-2007 foi concelleira de servizos sociais e participación cidadá e réxime interior do grupo municipal do PP do Concello Vigo. Funcionaria de carreira da administración local
- José Luis Álvarez Pérez (Vigo, 1974)
Enxeñeiro de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo. Executive MBA Escola de Negocios Caixanova. Director financeiro e responsable de estratexia, organización e recursos humanos. Planificación económica, desenvolvemento de políticas económicas, creación de equipos de alto rendemento .
- Antonio Bernárdez de Dios (Vigo, 1962)
Funcionario de carreira da Administración local (Concello de Vigo).
Exerceu Xornalismo durante 10 anos no Grupo Radio Vigo, Asesor do Grupo Municipal do Partido Popular de Vigo desde 1999 e Membro da Xunta Local do Partido Popular.
Concelleiros do PSdG-PSOE
- Abel Caballero Álvarez
Doutor en Economía polas Universidades de Cambridge e de Santiago de Compostela. Máster de Economía pola universidade de Essex, desenvolveu o seu labor como docente en diversas universidades españolas e europeas. Na actualidade é catedrático de Teoría Económica da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Abel Caballero conta cunha ampla traxectoria política de compromiso co socialismo que comezou a cimentar desde moi novo. No período comprendido entre 1985 e 1987 foi Ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. Ademais foi deputado no Congreso ata 1997, ano no que abandonou as Cortes para presentarse como candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia. Desenvolveu a súa actividade como deputado autonómico ata 2001, ano no que se reincorporou ás actividades docentes. No seu dilatado curriculum e en coherencia coa estreita relación que sempre mantivo con Vigo e o mar, tamén hai que destacar o título oficial da Mariña Mercante. Desde outubro de 2005 e durante dous anos foi Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo e desde maio de 2007 é Alcalde da cidade de Vigo.
- Carmela Silva Rego
Licenciada en Dereito e mestra de profesión, foi deputada no Congreso pola provincia de Pontevedra entre os anos 1997-2000 e posteriormente asesora da Ministra de Agricultura Elena Espinosa. Ocupou a Concellería de Urbanismo e Vivenda ata o 2008, ano no que pasou a realizar as funcións de portavoz do PSOE no Senado. Carmela foi a primeira muller en ocupar este cargo e é membro da Executiva Federal do PSOE.
- Cayetano Rodríguez Escudero
Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en Medicina Familiar e comunitaria desenvolveu a súa profesión en diferentes centros públicos da cidade (Director médico da Casa do Mar, Director do Ambulatorio de Coia, Director do Hospital Meixoeiro de Vigo). Foi Secretario Xeral do Servizo Galego de Saúde (Sergas) desde outubro de 2006 ata abril de 2009.
- Raquel Díaz Vázquez
Doutora en Economía pola Universidade de Vigo. Desenvolveu un intenso labor de investigación durante os últimos anos, participou en numerosos proxectos de I+D que lle permitiron analizar e coñecer en profundidade a realidade económica de Vigo. No ano 2007, Raquel Díaz foi nomeada Concelleira de Facenda e posteriormente Concelleira de Limpeza, Parques e Xardíns e Contratación, cargos que desempeñou ata a actualidade.
- Carlos López Font
Licenciado en Ciencias Políticas comeza a súa vida sindical no ano 1982 sendo Secretario Xeral da Federación de Servizos Públicos de UXT de Pontevedra. Foi membro do Comité Nacional do PSDEG-PSOE durante 3 anos. A súa vida laboral está vinculada ao Porto de Vigo, é funcionario xefe de área da Autoridade Portuaria de Vigo. Desde a elección de Abel Caballero como Alcalde de Vigo, Font desempeñou o cargo de Concelleiro na área de Xestión Municipal e Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de Vigo.
- Isaura Abelairas Rodríguez
Esta viguesa de adopción foi directora do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán de Vigo desde 1993 ata 2007. Ten unha intensa vida política, foi Concelleira de Limpeza e Festas no Concello de Vigo de 1999-2003, deputada provincial desde 2007 e Concelleira de Vías e Obras no Concello de Vigo.
- Santos Héctor Rodríguez Díaz
Dá os seus primeiros pasos no mundo sindical no Comité de Empresa do Corte Inglés e durante 14 anos foi Secretario Comarcal da UXT Vigo. Santos Héctor leva a cabo as funcións de Concelleiro na área de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá.
- Manuel Fernández Pérez
Naceu en Vigo e exerceu a súa actividade profesional no estaleiro J.H. Barreiras. Desde moi novo estivo vinculado ao movemento sindical de CCOO do que foi secretario de Política Institucional de Galicia ao mesmo tempo que membro do Consello Económico e Social.
- Ángel Rivas González
Director Xerente dunha empresa vinculada ao sector da construción e a minería desde 1997. Foi Secretario de Organización e Acción electoral da Agrupación Local de Vigo e Vicesecretario da provincia. Milita desde 1986 no PSDEG-PSOE. Rivas foi membro do Comité Nacional Galego e actualmente é Concelleiro de Distritos e Grandes Proxectos. ?ngel Rivas é membro da Executiva Local como Secretario de Organización e Acción Electoral.
- Chus Lago Rey
En 1999 a alpinista viguesa converteuse na primeira muller española e a terceira do mundo en escalar o Everest sen axuda de osíxeno artificial. A súa tenacidade dótaa dun perfil idóneo para a xestión política. Desde a elección de Abel Caballero como alcalde da cidade, Chus é Concelleira de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo.
- David Regades Fernández
Este vigués participa activamente na política da cidade desde os 16 anos; primeiro na FAXEG (Federación de Asociacións de Xóvenes Estudantes Galegos), posteriormente nas Mocidades Socialistas de Vigo e desde 2008 como membro da executiva Nacional do PSDEG. Desde o ano 2007, David exerce como Xefe de Gabinete de Alcaldía no Concello de Vigo.
Concelleiros do BNG
- Santi Domínguez Olveira
Naceu en Vigo no ano 1964 nun día cheo de simbolismo para Galicia, o 25 de Xullo. Dende a súa mocidade estivo sempre relacionado co deporte, algo que marcou a súa traxectoria profesional. De feito chegou a fundar un clube de baloncesto na escola San José de Teis, onde daba clase, e ten o título de adestrador nacional. Dedicou unha parte moi importante da súa vida á ensinanza e seguiu mantendo ese compromiso coa sociedade cando deixou de dar clase para vincularse de cheo á política. A súa relación co nacionalismo galego comezara moito antes, cando de novo se incorporou a movementos estudiantís como ERGA, sendo en 1990 cando se afilia o Bloque, no que foi membro da súa Executiva e do Consello Nacional. Santi entrou como concelleiro en Vigo no 95 e estivo dez anos traballando pola cidade. Despois promoveu dende a Xunta unha das súas paixóns, o deporte, sendo director xeral, e dende alí impulsou as primeiras seleccións galegas. Ate o de agora desempeñou o cargo de Tenente de alcalde e de concelleiro de Turismo, Comercio e Industria e Cascos Históricos.
- Iolanda Veloso Ríos
Iolanda Veloso naceu na Coruña no ano 72 pero hai 18 anos que elixiu Vigo como a cidade na que quería vivir. De feito, é aquí onde cría aos seus dos fillos, un vigués e unha viguesa de nacemento. Licenciouse en Tradución e Interpretación mentres adquiría un compromiso social e político sendo membro dos CAEF no claustro universitario e militante do BNG, onde actualmente forma parte do seu Consello Nacional. Lanzouse ao mundo empresarial xunto con dúas compañeiras da facultade, creando Galingua C.B., unha empresa de servizos de tradución e interpretación. E seguiu formándose, cun Máster en Dirección de Negocios Internacionais na Escola de Negocios Caixanova. Despois traballou como profesora asociada na Facultade de Filoloxía e Tradución, gañándose o respecto e o cariño do alumnado, sendo a profesora mellor valorada nas enquisas de avaliación docente no curso 2004/2005. Dende 2007 foi concelleira de Xuventude, Igualdade e Normalización lingüística no equipo liderado por Santi Domínguez.
- Xabier AlonsoPérez
Naceu en Vigo no ano 1950 e dende moi novo estivo vinculado ao deporte, primeiro no instituto Santa Irene e despois nas Universidades Laborales. Foi alí onde tomou conciencia de que pertencía a un país cunha lingua e identidade propia e por iso leva toda a vida participando na política e nos movementos sindicais, dende os comezos do sindicalismo nacionalista. De feito participou na primeira corporación democrática do concello de Vigo no 79. Compaxinou ademais estas inquedanzas cunha traxectoria profesional como operador técnico en Telefónica, onde estivo máis de trinta anos. E a pesar disto nunca abandonou o deporte, xa que continúa sendo membro do Clube de Veteranos de Samil, co que participa en probas populares e federadas. O seu traballo como concelleiro de Deportes os últimos catro anos deixou unha grande pegada na cidade, mellorando as infraestruturas existentes e creando o Pavillón polideportivo de Navia, o centro de deportes de Barreiro ou a Piscina de Florida, ademais de apoiar ás escolas de base e os clubes de elite.