O Concello iniciará en dúas semanas seis humanizacións no rural por valor de 3 millóns de euros

luns, 8 mar 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns da aprobación dos plans de seguridade e saúde das melloras de Manuel Cominges, Cesáreo Vázquez, Estrada da Igrexa, Casal de Abaixo, Subida á Madroa e San Cristobo, por un valor total de 3 millóns de euros. Caballero salientou que as humanizacións validadas hoxe afectarán a "viais vertebradores" das parroquias, cumprindo así cunha "demanda histórica" da cidadanía.

O alcalde sinala que "a comezos do próximo ano" estarán listas as instalacións deportivas da ETEA

luns, 8 mar 2010

A Xunta de Goberno Local deu hoxe luns luz verde ao proxecto de reforma do edificio polideportivo da ETEA para á súa apertura ao público, que inclúe o acondicionamento da pista, da piscina e dos "elementos febles" da estrutura. A inversión suma 848.000 euros, financiada por Zona Franca, e as obras estarán rematadas "a finais deste ano, comezos do próximo", tal e como adiantou Abel Caballero.

O alcalde afirma que o vindeiro curso escolar abrirán catro novas garderías municipais en Vigo

luns, 8 feb 2010

Despois da Xunta de Goberno Local, Abel Caballero informou de que para o próximo curso 2010-2011, Vigo contará con catro novas escolas infantís na cidade, duplicando a oferta actual. Tres delas xa teñen ubicación -en Castrelos, en Bouzas e en Tomás Alonso- e a cuarta será anunciada próximamente. O goberno local deu este luns o visto bo á desafectación do local de Casiano Martínez para realizar obras de adaptación a gardería.