Xunta de Goberno Local

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 8 DE XULLO DE 2011

xoves, 7 xul 2011
1.- Acta da sesión ordinaria do 24 de xuño de 2011.

BENESTAR SOCIAL
2.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar. Concesión. Expte. 12/1149, 13/2066, 16/621, 13/2066.

3.- Indemnización substitutiva por importe de 125.881,29 € a favor de Fundación Aldaba polo dispositivo de atención á infancia e á familia (marzo). Expte. 62496/301.

CONTRATACIÓN
4.- Proposta de autorización a Aldesa SA Construcciones de parcela municipal do Parque Tecnolóxico de Valadares. Expte. 19211/240.

5.- Incoación de expte. de declaración de extinción da concesión administrativa para a ocupación do dominio público (quiosco na Avda. Gran Vía). Expte. 19218/240.

EDUCACIÓN
6.- Indemnización substitutiva á empresa produción e xestión cultural pola xestión do monitoraxe "Vigo por dentro" meses abril-maio de 2011. Expte. 12932/332.

7.- Dar conta da resolución da concelleira delegada de Educación de aprobación das listas definitivas de adxudicación de prazas e listas de agarda nas Escolas Infantís municipais, curso 2011-2012. Expte. 12942/332.


MEDIO AMBIENTE
8.- Indemnización substitutiva por importe de 8.000 € a favor da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Vigo. Expte. 7805/306.


POLICÍA LOCAL
9.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados na xefatura da Policía Local durante abril, maio e xuño de 2011. Expte. 34770/212.


RECURSOS HUMANOS
10.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas de D. Jerónimo Cetron Castaños como enxeñeiro de camiños, canais e portos. Expte. 21762/220.

11.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos correspondentes aos meses de xaneiro e maio de 2011. Expte. 22117/220.

12.- Solicitude de produtividade a D. Angel Ferro Mancho. Expte. 21837/220.

13.- Produtividade por encomenda de función a D. Rafael Ojea Pérez. Expte. 22092/220.

14.- Complemento de produtividade a D. José Luis Hermida Rodríguez. Expte. 22091/220.

15.- Complemento de produtividade a D. Jesús Alfonso Paz. Expte. 22090/220.

16.- Dar conta de Resolución do concelleiro-delegado da Area de Xestión Municipal de data 28.06.201, de encomenda de funcións á funcionaria Dª. Beatriz Alonso Asenjo. Expte. 22155/220.

17.- Nomeamento de persoal laboral fixo, praza oficial mecánico, a D. Juan Martínez García (OEP 2008). Expte. 22168/220.

18.- Nomeamento de funcionaria de carreira, praza técnico de xestión (promoción interna), a Dª Monica Domínguez Estevez (OEP 2008). Expte. 22169/220.

19.- Nomeamento de funcionarios de carreira, prazas bombeiro e conductor-bombeiro OEP 2008. Expte. 22167/220.


SEGURIDADE
20.- Devolución de aval á AVCD SAMPAIO constituído pola celebración sun Serán. Expte. 80631/210.

21.- Incoación de expediente disciplinario a funcionario de carreira co posto de Suboficial do Servizo de Extinción de Incendios. Expte. 79359/210.


VIAS E OBRAS
22.- Revisión de prezos do contrato de subministro de mesturas bituminosas para o Servizo de Vías e Obras. Expte. 54057/250.

23.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 8 de xullo de 2011, ó remate da sesión plenaria convocada para a mesma data, en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 6 de xullo de 2011.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.