Escoitar

Caballero garante a presenza do Celta de baloncesto feminino na máxima categoría

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou este xoves que o Concello transmitiu ao Celta de baloncesto feminino que "procederan á inscripción" na máxima categoría. Caballero explicou que o goberno local conseguirá fondos de maneira "excepcional" para esta tempada e reclamou do club un "esforzo adicional" na procura de recursos e patrocinadores. "Ningún club de élite vigués deixará de participar en ningunha competición", apuntou o alcalde, quen amosou a súa "satisfacción" polo "problema resolto" do baloncesto feminino.

xoves, 7 xul 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu hoxe xoves a participación do Celta de baloncesto feminino na máxima categoría, tras "transmitirlles que procederan á inscripción" da entidade.

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, reuniuse esta mañá cos responsables do club e "transmitirlles que procederan á inscripción" na categoría, porque "ningun club de élite vigués deixará de participar en ninguha competición", afirmou Abel Caballero.

O orzamento que precisa o Celta completarase cunha achega "excepcional" que encargarase de conseguir o Concello -non necesariamente con aportación directa, segundo indicou Caballero-. Como parte dun proceso "conxunto", o club "ten que facer un esforzo adicional" para buscar recursos e "nos tamen faremos un esforzo adicional" para ter o equipo na máxima categoría, explicou.

"Seguiremos en contacto" para ir "garantindo a súa participación", avanzou o primeiro edil, quen recordou que é un "feito excepcional" unicamente para a tempada que comeza. Caballero cifrou o incremento da achega municipal en "case un 50%" que "asumimos porque cremos que ten moita importancia" para a cidade, aínda que o Celta de baloncesto ten que entender que "é excepcional" e no próximo ano deberán conseguir recursos e o Concello manterá a achega.

O alcalde de Vigo concluíu que trátase dun "problema resolto e unha satisfacción para a cidade".