xoves, 7 xullo 2011

O alcalde anuncia sete grandes eventos deportivos a disputarse no areal de Samil este mes

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a serie de probas do programa Vigoarena, que desenvolverá actividades deportivas en Samil dende este venres ao 31 de xullo co patrocinio da Concellería de Deportes e a organización de Evento Global. Fútbol praia, tenis praia, foot voley, balonmán praia, voley praia e cachibol encherán de competición o principal areal vigués. "Temos unha gran expectativa con esta actuación de verán porque é engadir ás praias un aliciente máis", asegurou o rexedor. Na edición de 2010 houbo 1.500 participantes "e nesta esperamos repetir esa cifra", sinalou Caballero.

Caballero garante a presenza do Celta de baloncesto feminino na máxima categoría

xoves, 7 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou este xoves que o Concello transmitiu ao Celta de baloncesto feminino que "procederan á inscripción" na máxima categoría. Caballero explicou que o goberno local conseguirá fondos de maneira "excepcional" para esta tempada e reclamou do club un "esforzo adicional" na procura de recursos e patrocinadores. "Ningún club de élite vigués deixará de participar en ningunha competición", apuntou o alcalde, quen amosou a súa "satisfacción" polo "problema resolto" do baloncesto feminino.