mércores, 6 xullo 2011

O alcalde avanza que España xa solicitou unha reunión con Bruxelas para analizar o tax lease

Abel Caballero avanzou hoxe mércores que o Goberno de España xa solicitou en Bruxelas unha reunión para alcanzar un novo escenario legal -o anterior tamén o era, remarcou- de apoios fiscais xeralizables en toda Europa, que sirvan para reactivar a industria do naval. "Todos sabemos que a paralización destes apios fiscais supuxeron a paralización da contratación porque, como no se conoce o novo escenario, empresas como Vulcano ou Barreras teñen máis dificultades á hora de pechar contratos", incidiu.

Vigo acollerá a Asamblea Xeral de Travel Advisors, que aglutina axencias de viaxe especializadas en congresos e incentivos

mércores, 6 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Turismo e Comercio, Cayetano Rodríguez, reuníronse hoxe mércores cos máximos responsables de Travel Advisors, quen confirmaron a celebración en Vigo da súa asamblea xeral, coa participación dunhas 120 persoas. Esta entidade está especializada en incentivos para as axencias de viaxes e turismo de congresos, polo que Caballero indicou que a convención "ten un gran interese para nós".

Exposición "O tempo é un círculo"

mércores, 6 xul 2011

Ata o vindeiro 10 de xullo a Casa das Artes de Vigo ofrece a oportunidade de coñecer a mostra de Menchu Lamas "O tempo é un círculo". Presenta obras de gran formato que abranguen dúas décadas da sua traxectoria, incluindo a década dos 90 e despois o periodo que vai do ano 2000 até agora. Recolle unha escolma das obras máis significativas no evoluir da artista nestas dúas etapas ben diferenciadas.