luns, 4 xullo 2011

O alcalde presentou o programa de actividades de verán nas prazas e parques para maiores

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, presentaron este luns as actividades gratuitas de verán que organiza o Concello, de luns a venres durante xullo e agosto, nas prazas e nos parques biosaudables. Caballero definiu o programa como unha "fórmula para combinar o exercizo e o divertimento" e apuntou que este ano inclúe monitores como novidade. O alcalde avanzou que o goberno local estuda instalar outros 30 parques biosaudables en Vigo.

Abel Caballero iniciará "nun tempo razoable" os primeiros contactos para a negociación dos orzamentos de 2012

luns, 4 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou hoxe luns que o sábado pasado deu instrucións ao seu Goberno de iniciar os traballos de elaboración dos orzamentos de 2012. Prantexou como referente os prazos razoables nos que se aprobaron as contas púlicas durante o pasado mandato e avanzou a súa intención de establecer "nun tempo razoable" os primeiros contactos co BNG, aos efectos de instrumentalizar un acordo que permita sacar adiante os orzamentos.