Escoitar
ANUNCIO

CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN DE UN MÉDICO-PSIQUIATRA PARA A UNIDADE ASISTENCIAL CEDRO

venres, 1 xul 2011
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 1 de xullo de 2011 aprobou a convocatoria urxente do proceso de selección de 1 médico-psiquiatra para a xestión do programa "Plan de Trastornos Adictivos de Galicia 2011-2016", ao abeiro do disposto no artigo 10.1.c) da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, cunha duración máxima ata o 31/12/2011.

As bases da convocatoria atópanse expostas no taboleiro de edictos da Casa do Concello, así como na páxina web municipal www.vigo.org.

O prazo de presentación de instancias de participación, será de 10 días hábiles contandos dende o seguinte ao da publicación deste anuncio na prensa local.