Escoitar

Silva avalou o derrubo dunha parte dun edificio no Casco Vello polo "interese de salvagardar a seguridade"

A concelleira de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos, Carmela Silva, presenciou hoxe venres o inicio da demolición parcial dun edificio situado na rúa Eduardo Chao, actuación acometida "no interese de salvagardar a seguridade". Explicou que esta orde de execución urxente chega despois de que a promotora, responsable da conservación do edificio, non adoptara as medidas urxentes de seguridade que lle foron requeridas pola Xerencia de Urbanismo o pasado mes de decembro

venres, 1 xul 2011
1309524025Carmela.jpg
Á vista de que seis meses máis tarde aínda non se fixeron as obras, e ante o avance do deterioro do edificio, o Concello decidiu actuar de xeito subsidiario "porque o que non podemos permitir é que as persoas corran riscos", suliñou. A previsión, segundo informou a concelleira, é que a demolición se prolongue tres días.

Silva, quen apuntou que nesa salvagarda da seguridade, os Bombeiros procederon a cercar o edificio o pasado sábado, avanzou a intención do Concello de esixirlle á promotora que se faga cargo do custo da demolición, cifrada nuns 5.000 euros. Tamén recordou que confía en que a promotora acometa as obras de rehabilitación do edificio para as que lle foi concedida unha licenza no mes de xuño do pasado ano.

Silva anunciou a súa intención de inspeccionar personalmente a semana que vén os "sete ou oito", edificios do Casco Vello que, sin ter declaración de ruína, sí que teñen que ser controlados para verificar o seu estado por posibles riscos de desprendementos. Aínda que reiteriou que a aposta do Concello de Vigo é a rehabilitación, engadiu que "se acometará calquera intervención que sexa precisa na vía de priorizar a seguiridade".

A concelleira de Urbanismo non dubidou á hora de cualificar de "extraordinaria" a xestión que se fixo no Casco Vello ao longo do último mandato.
Descargar todas as imaxes