Escoitar

O alcalde presentou a campaña estival de vixilancia de lumes, que amplía a información e supervisará os Bens de Interese Cultural

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, presentaron este venres a campaña de prevención de lumes da Policía Local, a través da sección especializada Unidade Medioambiental de Intervención Rápida. A iniciativa comeza hoxe e prolongarase ata o 30 de setembro, incorporando novidades como paneis informativos para evitar verquidos nos montes e vixilancia diaria dos Bens de Interese Cultural da cidade.

venres, 1 xul 2011
1309524370umir.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe venres a campaña de vixilancia e prevención de lumes da Policía Local, que ten coma novidades nova cartelería informativa e a revisión diaria dos Bens de Interese Cultural da cidade.

Segundo indicou Caballero ante os medios, hoxe iniciouse esta campaña, que alongarase ata o vindeiro 30 de setembro, na que oito axentes da Policía Local -sección Unidade Medioambiental de Intervención Rural (UMIR)- levan adiante medidas como o precinto das barbacoas ubicadas nos parques forestais, a instalación de paneis informativos coas restriccións de uso nos mesmos, a súa revisión diaria, a vixilancia desde puntos estáticos e o patrullaxe preventivo polas pistas forestais.

Como novidades deste ano, os efectivos municipais deseñaron e instalarán cartelería informativa para evitar verquidos ilegais nos montes. A Policía Local tamén revisará diariamente os puntos onde poidan depositarse estes -e eventualmente limpalos e identificar aos depositarios- e levará adiante unha supervisión do estado dos Bens de Interese Cultural e xacementos arqueolóxicos do termo municipal vigués.

Os compoñentes da UMIR dividirán a súa actuación en tres zonas diferentes:
ZONA 3: Cabral (Cotogrande), Candeán (Vixiador), Sampaio (Madroa), Teis
ZONA 4: Valladares (Zondal y Alba), Zamáns, Beade e Bembrive
ZONA 5: San Miguel de Oia, Coruxo (Fragoselo) e Saiáns
Descargar todas as imaxes