venres, 1 xullo 2011

O alcalde presentou a campaña estival de vixilancia de lumes, que amplía a información e supervisará os Bens de Interese Cultural

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, presentaron este venres a campaña de prevención de lumes da Policía Local, a través da sección especializada Unidade Medioambiental de Intervención Rápida. A iniciativa comeza hoxe e prolongarase ata o 30 de setembro, incorporando novidades como paneis informativos para evitar verquidos nos montes e vixilancia diaria dos Bens de Interese Cultural da cidade.

Silva avalou o derrubo dunha parte dun edificio no Casco Vello polo "interese de salvagardar a seguridade"

venres, 1 xul 2011

A concelleira de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos, Carmela Silva, presenciou hoxe venres o inicio da demolición parcial dun edificio situado na rúa Eduardo Chao, actuación acometida "no interese de salvagardar a seguridade". Explicou que esta orde de execución urxente chega despois de que a promotora, responsable da conservación do edificio, non adoptara as medidas urxentes de seguridade que lle foron requeridas pola Xerencia de Urbanismo o pasado mes de decembro

Caballero reuníuse con xornalistas británicos, parte dunha iniciativa municipal de promoción da cidade no exterior

venres, 1 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro Turismo e Comercio, Cayetano Rodríguez, recibiron este venres a un grupo de xornalistas británicos, chegados onte á cidade dentro dunha acción promocional do Concello. Dentro do convenio con Vueling para o voo Vigo-Londres, o Concello incluíu a realización de actividades de promoción turística e comercial da cidade no exterior, cláusula da que forma parte esta visita de xornalistas especializados.