martes, 28 xuño 2011

O alcalde clausura a Escola Obradoiro "Mar de Vigo", que formou e contratou durante un ano a 31 alumnos

O alcalde, Abel Caballero, clausurou este martes unha nova edición da Escola Obradoiro "Mar de Vigo", que formou a 31 alumnos ao tempo que percibiron unha retribución económica durante un ano. Segundo indicou, o Concello contactou con máis de cen empresas para conseguir a inserción laboral dos participantes. Caballero defendeu a creación de emprego como "a nosa vocación" de goberno e adiantou que o programa continuará en próximos anos.

As finanzas do Concello perciben a máxima nota da axencia Fitch na débeda a curto prazo e asegura que "as perspectivas son estables"

martes, 28 xuñ 2011

A axencia estadounidense Fitch Ratings emitiu o pasado 22 de xuño o seu informe sobre a calificación do Concello de Vigo, confirmando a máxima nota posible na débeda a curto prazo, F1+, e a segunda mellor na de longo prazo, AA, definida como "moi boa". Fitch, que estudou in situ as contas municipais en base ao orzamento de 2011, avalia igualmente as perspectivas do Concello para o futuro, que cualifica de "estables".

O intenso cromatismo de Menca Estévez enche os espazos da Alcaldía

martes, 28 xuñ 2011

O alcalde, Abel Caballero, presidiu este martes a inauguración dunha nova edición de Mostrarte, a primeira tras as eleccións municipais, a cargo da viguesa Menca Estévez, que ofrece na Alcaldía do Concello a súa personal proposta artística baseada nun intenso diálogo entre a cor, o formato e o espectador.