Vigo cederá auga a Baiona e Caballero reclama á Xunta unha conexión do Verdugo ao encoro de Eiras

O alcalde de Vigo garantiu este luns abastecemento de auga para Baiona ao seu homólogo, Jesús Vázquez Alumuiña, cesión que estudará cos técnicos nos próximos dous días. Caballero indicou que a situación actual dos encoros de Vigo -suficiente para o verán- é das peores dos últimos dez anos, polo que reclamou á Xunta de Galicia que constrúa un empalme desde o río Verdugo ata Eiras, por "responsabilidade" e prevendo un outono seco.

luns, 27 xuñ 2011
1309179584baiona.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu este luns abastecemento de auga a Baiona, ao tempo que instou á Xunta de Galicia a construir unha conexión do río Verdugo ao encoro de Eiras para evitar posibles desabastecementos futuros.

Tras unha reunión co seu homólogo de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, o alcalde de Vigo explicou que Augas de Galicia, dependente da Xunta de Galicia, está a reformar o encoro que da servizo a Baiona, obras que impediron aproveitar a época de choivas situando no 35% o caudal actual do mesmo.

Caballero criticou a mala previsión autonómica nesta obra, ao tempo que garantiu que Vigo cederá auga a Baiona tan pronto o estude cos técnicos de Aqualia, a concesionaria do servizo, para o que concédese dous días. O alcalde informou que os datos dos encoros de Eiras e Zamáns -que abastecen á poboación de Vigo- garanten o servizo ata outono, pese a ser das peores da última década.

Segundo explicou, Zamáns atravesa o cuarto peor ano dos últimos dez no tocante ao volume de auga embalsado, e será o terceiro peor exercizo de non chover en tres días. Eiras, pola súa banda, atópase no segundo peor ano da última década.

Pese a estes datos, Caballero garantiu o abastecemento de Vigo e tamén para Baiona, pero reclamou á Xunta de Galicia que constrúa un azud entre o rio Verdugo e Eiras, para poder contar cunha segunda fonte de auga fluvial, xunto á de Oitavén. O alcalde avogou por executar a obra polo procedemento de urxencia, asegurando así o volume no caso de ter un outono seco. "Querémonos adiantar a iso", explicou Caballero.
Descargar todas as imaxes