Carmela Silva reitera que o Concello está do lado da legalidade e cumprirá as instruccións xudiciais sobre o edificio de Churruca

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo informou dunha reunión mantida hoxe venres cos veciños do edificio de Churruca, con sentencia firme de demolición parcial do TSXG, onde explicou que "son os xuices os que toman as decisións" e "este goberno sempre estará do lado da legalidade". A partir de aquí, Silva amosouse disposta a pedir instruccións ao Xulgado sobre como operar no caso de que o demandante solicite ao Tribunal renunciar a parte da execución.

venres, 24 xuñ 2011
1308920404carmela.jpg
A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, reiterou hoxe venres que o goberno de Vigo está "do lado da legalidade" e polo tanto cumprirá o mandato xudicial no caso do edificio de Churruca 3-5, cunha sentenza firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de demolición parcial do inmoble.

Carmela Silva mantivo hoxe venres unha reunión cos veciños afectados, tras a que aclarou que "son os xuices os que toman as decisións" e o Concello limítase a cumprilas porque "este goberno sempre estará do lado da legalidade".

Segundo explicou a responsable municipal de Urbanismo, os afectados plantexaron a posibilidade de que o demandante renuncie a parte da execución mandatada polo TSXG, unha opción que só corresponde a esta figura.

Silva adiantou que, no caso de que o Concello teña constancia desta solicitude oficial tramitada ao Tribunal, o goberno de Vigo contactará cos xuices para solicitar instruccións sobre como actuar. "É o xuiz o que toma a decisión da demolición", apuntou a tenente de alcalde, e o Concello non ten outra marxe de acción que non sexa cumprir coa sentencia.
Descargar todas as imaxes