Escoitar

A Concellería de Educación remata o curso co programa "Crea na Escola"

A concelleira de Educación, Raquel Díaz, inaugurará o "II Certame de Arte Infantil" mañá venres 24 de xuño ás 17:00 horas. A iniciativa municipal remata o curso cunha mostra dos traballos elaborados neste 2010-2011. Conta coa achega de 850 escolares vigueses que participaron nos certames de Arte Postal, Banda Deseñada e Arte Infantil.

xoves, 23 xuñ 2011
1308831806programacionMostraArteInfantil.JPG
A concelleira de Educación, Raquel Díaz, inaugurará mañá venres 24 de xuño o "II Certame de Arte Infantil" nunha cita na que se realizará a entrega de premios aos alumnos participantes nos certames de Banda Deseñada e Arte Infantil.

Esta iniciativa didáctica municipal, promovida pola concellería de Educación en colaboración co recoñecido artista vigués Mingos Teixeira, remata súa exitosa actividade cunha mostra dos traballos elaborados polos participantes nos tres certames creados co firme propósito de contribuír a desenvolver a creatividade entre alumnado de educación primaria no propio contexto escolar.

O debuxo, a pintura, o fancine ou as manualidades constitúen un proceso complexo no que o neno/a reúne diversos elementos da súa experiencia para formar un todo cun novo significado. No proceso de seleccionar, interpretar e reformar eses elementos os alumnos ofrecen algo máis ca un debuxo ou unha escultura; proporcionan unha parte de si mesmos, como pensan, como senten e como se ven a si mesmos.

No Programa "CREA" participan alumnos/as de Educación Primaria dos colexios públicos e privados-concertados da cidade co obxectivo de incentivar a creatividade en todos os ámbitos, fomentando a relación entre centros escolares, valorando a importancia da creatividade como medio de interrelación co entorno, achegando o mundo da imaxinación e a creatividade á comunidade escolar e enchendo o baleiro existente nas escolas con respecto a estas áreas.

Programa previsto:
Data: Venres 24 de Xuño de 2011 das 17:00 asa 20:00 h.
Lugar: I.M.E. (Instituto Municipal de Educación), Camiño do Chouzo s/n Vigo

Actividades:
17:00 horas.- Recepción e percorrido pola Mostra.
17:15.- Inauguración oficial a cargo da concelleira Raquel Díaz e entrega de premios.
18:00.- Xogos, maxia e humor co mago Berto.
19:00.- O debuxante Alex Cal, autor de MARVEL, falará do Cómic.
19:30.- Actuación musical de STOYKA
20:00.- Clausura
Descargar todas as imaxes