O alcalde tranquiliza aos veciños da rúa Ecuador ao afirmar que non hai licencia para unha antena de telefonía móbil
A concelleira de Urbanismo e primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, investigou a situación da antena tan pronto tivo coñecemento. Abel Caballero insiste en que neste momento nin sequera se iniciou un proceso de petición de licencia e avanzou que xa se advertiu á empresa de que se "absteña" de facer calquera instalación porque o Concello a paralizaría de non cumprir coa legalidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, referiuse neste xoves as mobilizacións dos veciños da rúa Ecuador ante as sospeitas de que se instale unha antena de telefonía móbil nesta rúa. O alcalde transmitiulles unha mensaxe de tranquilidade ao afirmar que neste momento "non hai absolutamente nada sobre esta antena". É máis, Abel Caballero afirmou que a empresa nin iniciou un proceso de "petición de licencias, nin deu os primeiros pasos, nin instalou ningunha peza de antena no edificio".
Deste xeito desvelou que a empresa xa foi notificada a que se "absteña" de facer calquera instalación "porque llo paralizaríamos inmediatamente" de non cumprir coa legalidade. "Nesta cidade as antenas téñense que instalar coa ordenanza pertinente", dixo.
Así enviou unha mensaxe de tranquilidade aos cidadáns advertindo que "non haberá avances sobre a instalación nin sobre a ubicación que non cumpra a normativa".
Descargar todas as imaxes