A Concellería de Seguridade recibiu 20 solicitudes para realizar fogueiras na noite de San Xoán
O servizo municipal de Bombeiros, dependente da Concellería de Seguridade que dirixe o socialista Carlos L. Font, está a avaliar as solicitudes recibidas para a realización de fogueiras na noite de San Xoán de Vigo. De cara a ser autorizadas, os bombeiros están a inspeccionar cada unha das peticións antes da celebración, para garantir a máxima seguridade da cidadanía.
O departamento de Seguridade que dirixe o socialista Carlos López Font recibiu 20 solicitudes para organizar fogueiras na noite de San Xoán, peticións que estúdanse de cara á súa autorización.
A Concellería manexa solicitudes para fogueiras en Beade, Alcabre, O Vao, San Miguel de Oia, Matamá, Casco Vello, Fragoso, Zamáns, Valadares, Cabral, Coruxo e Liñares, entre outras, na súa gran maioría presentadas por asociacións veciñais. As demandadas o pasado ano 2009 ascenderon a 21, das que 17 cumpriron todos os requisitos para ser autorizadas; mentres que no 2010 rexistráronse 20 peticións e foron autorizadas 18.
Ata o momento, o Concello requeriu correxir ou completar a documentación presentada en 5 das 20 solicitudes, e actualmente o servizo municipal de Bombeiros está a proceder á inspección das fogueiras.
Segundo estipula o bando municipal, a fogueira debe estar rematada dous días antes da queima, para que o servizo de bombeiros poida levar a cabo a inspección e control das mesmas. Os efectivos contra lumes cercioraranse, para garantir a seguridade, de que cúmprese coa normativa do Concello ao respecto.
O volume do material combustible das fogueiras non poderá superar os 8 metros de diámetro nin os tres metros de altura. Igualmente, a separación destas cos elementros urbanos (árbores, edificios, etc) será dun mínimo de 12 metros, coidando especialmente a proximidade con elementos combustibles, parques forestais e tendidos eléctricos.
O Concello de Vigo tamén prohibe o emprego de materiais para queima que desprendan fumes tóxicos, líquidos inflamábiles ou sprais. Para protexer o noso patrimonio arquitectónico e paisaxístico, Seguridade non autorizará fogueiras en praias ou nas cercanías a edificios catalogados.
Os solicitantes deben subscribir un seguro de responsabilidade civil e encargarse de que as fogueiras non danen o pavimento, para o que este protexerase cunha capa de area de 10 cm. Os bombeiros serán os encargados de inspeccionar e garantir o cumprimento da normativa 48 horas antes da queima.
Descargar todas as imaxes