Caballero avanza que a humanización de Areal rematará a finais de ano
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Fomento, David Regades, visitaron este mércores os traballos de humanización da rúa Areal, que estarán rematados a finais deste ano, cun investimento municipal de millón e medio de euros. Para entón tamén estará rematada a construcción do aparcamento soterrado coa humanización da superficie. "Estamos abrindo unha cidade nova", apuntou Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou na mañá deste mércores que os traballos de humanización de Areal estarán rematados a finais de ano.
Tras unha visita as obras, Caballero explicou que este emblemático vial vigués está a ser "obxecto dunha transformación moi profunda" desde Isaac Peral ata a rotonda coñecida como a paellera, onde enlazará coa reforma da superficie que realiza a construtora do aparcamento soterrado, actualmente en obras.
As beirarrúas de Areal atopábanse "nun estado lamentable", polo que o Concello está a investir millón e medio de euros na súa humanización en distintas fases: os servizos soterrados xa están renovados e parte da reforma viaria tamén, e a finais de ano completarase a rúa.
Para entón, segundo apuntou o alcalde, estará rematada a construción do aparcamento soterrado e a humanización da superficie en Areal, e estará operativa a estación de proximidade de Guixar, para "finais do verán", que tamén conlevará a "humanización e adecentamento" da beirarrúa portuaria.
Abel Caballero amosou a súa "satisfacción" pola reforma desta rúa e indicou que "estamos abrindo unha cidade nova", e referiuse ao novo vial que estase a abrir entre García Barbón, prolongación de Rosalía de Castro e Areal, e a nova rotonda que o goberno local proxecta para a primeira.
"As obras continuan" co obxectivo de "humanizar todo Vigo", asegurou o rexedor vigués, e Areal é "unha mostra máis" desta política. Caballero amosou a súa "satisfacción" pola continuidade do proceso de "embelecemento" de Vigo.
Descargar todas as imaxes