Vigo non rexistra incidentes na noite de San Xoan

As instruccións e medidas de seguridade propostas polo Concello de Vigo para a noite máis curta do ano deron un bo resultado na cidade, sen incidentes de gravidade por parte do servizo municipal de Bombeiros. Por outra banda, Limpeza retirou 21.500 quilos de residuos e cinzas mediante un dispositivo formado por 44 traballadores e 14 vehículos.

venres, 24 xuñ 2011
A noite de San Xoán non deixou incidentes de gravidade na primeira cidade de Galicia, onde funcionou o dispositivo e a normativa propostas polo Concello a través do departamento de Seguridade.

En relación á celebración da pasada noite, o corpo de seguridade antilumes atendeu unha incidencia no municipio de Redondela ás 23:45 horas e acudiu a Coruxo-O Vao ás 02:10 horas para apagar a fogueira autorizada alí, actuación programada para evitar calquera risco e a petición dos organizadores, garantindo así a súa correcta extinción.

Limpeza
O departamento municipal de Limpeza retirou, entre as seis da mañá e as 11:30 horas, un total de 10.940 quilos de basura e 10.500 quilos de cinzas tras a noite de San Xoan. Nestes traballos, conxuntos entre o persoal municipal e a concesionaria FCC, operaron un total de 44 persoas -32 do Concello e outras 12 de FCC-.

No tocante aos medios materiais, o dispositivo contou con 14 vehículos para a limpeza, entre tractores, máquinas limpapraias, camións e vehículos todocamiño.