O alcalde coordina un panel de debate nas xornadas "Alternativas sociais e económicas fronte á crise"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, coordina este venres o terceiro panel de debate deste foro que ten lugar en Salamanca ata o próximo domingo, 25 de xuño. En particular, Caballero coordina o panel de debate titulado "Os equilibrios internacionais: un desenvolvemento mundial sostible e compartido", no que participan, entre outros, Carlos Berzosa, catedrático de Economía e reitor da Universidade Complutense de Madrid.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, é o encargado de coordinar este venres o terceiro panel de debate das xornadas "Alternativas sociais e económicas fronte a crise", que ten lugar en Salamanca.
O foro, organizado pola Fundación Sistema, realiza na cidade salmantina o seu noveno encontro, como unha plataforma aberta de reflexión e debate que convoca a científicos, sociólogos, politólogos, economistas, expertos internacionais, así como responsables políticos e sociais, coa finalidade de achegar ideas e propostas sobre as grandes cuestións políticas e sociais do noso tempo.
O alcalde vigués coordina o panel que leva por título "Os equilibrios internacionais: un desenvolvemento mundial sostible e compartido", coa participación nas ponencias de Elena Valenciano (Secretaria de Política Internacional e Cooperación dla Comisión Executiva Federal do PSOE), Carlos Berzosa (Catedrático de Economía e Reitor da Universidad Complutense de Madrid), Alicia Bárcena Ibarra (Secretaria Executiva da CEPAL) e José Ángel Sotillo Lorenzo (Catedrático de Relacións Internacionais da Universidad Complutense de Madrid).
Descargar todas as imaxes