O alcalde ratificou a súa "vontade firme" de "cooperar o máximo" cos sindicatos neste mandato

Abel Caballero e os secretarios comarcais de CC.OO., UGT e CIG mantiveron este luns unha primeira "toma de contacto" co gallo do novo goberno local, tras a que o alcalde ratificou a intención municipal de traballar cos sindicatos particularmente nos programas de xeración de emprego, na política social e na obra pública do Concello. Caballero concedeuse un mes para estudar como plasmar a colaboración nestas áreas.

luns, 27 xuñ 2011
1309179492sindicatos.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ratificou hoxe luns a súa "vontade firme" de "cooperar o máximo" coas centrais sindicais no novo mandato.

Tras unha primeira reunión de "toma de contacto" entre os representantes sindicais e o novo goberno, Abel Caballero explicou que o Concello quere colaborar con CC.OO., UGT e CIG coa finalidade de que a actividade "sexa o máis eficaz posible na xeración de emprego".

O alcalde de Vigo citou tres áreas nas que buscará a cooperación sindical: os programas de xeración de emprego -como o Imos Traballar, segundo explicou-, as políticas sociais e a obra pública que execute o propio Concello de Vigo. Caballero deuse un mes para estudar as fórmulas de plasmar esta cooperación cos sindicatos.
Descargar todas as imaxes