mércores, 29 xuño 2011

Caballero confirma a cesión de 20 litros de auga por segundo a Baiona e anuncia un plan de consumo responsable

O alcalde de Vigo anunciou hoxe mércores a decisión, tras estudala cos técnicos, de ceder 20l/sg de auga a Baiona para paliar os seus problemas de abastecemento; unha cesión condicionada ao volume de auga que vaia rexistrando periódicamente tanto o encoro de Zamáns como o de Eiras, porque "a prioridade é a auga desta cidade". Caballero tamén tomará coma "referencia" a conexión do rio Verdugo a Eiras, cuxa obra reclama á Xunta de Galicia para garantir o servizo no caso dun outono seco.

O alcalde recibe o domingo en San Roque aos máis de 1000 participantes na XV Convivencia Familiar Special Olimpics

mércores, 29 xuñ 2011

O alcalde de Vigo, amosou hoxe mércores, o recoñecemento do Concello de Vigo coa asociación Special Olympics Galicia, porque fan visible ante a sociedade os dereitos das persoas, "dos chicos e das chicas con discapacidad intelectual que necesitan dun espacio de intercambio de experiencias e de apio e iso é o que van facer aquí o domingo".

Abel Caballero entregou a Harm Koster unha réplica da escultura do Bicentenario na súa despedida

mércores, 29 xuñ 2011

O alcalde de Vigo participou este mércores no acto que serviu como despedida do director executivo da Axencia Comunitaria de Control da Pesca, que ten a súa sede no emblemático edificio Odriozola de Vigo. En homenaxe ao traballo realizado desde a cidade nestes anos, Abel Caballero fixo entrega a Harm Koster dunha réplica da escultura que preside a Praza do Bicentenario.

O CAT presenta os obradoiros de verán

mércores, 29 xuñ 2011

En xullo e agosto o Centro de Artesanía Tradicional do Concello de Vigo desenvolverá unha oferta gratuíta baseada na artesanía e o reciclaxe para todos os públicos.Os obradoiros están orientados tanto para adultos como para os máis novos/as, facendo especial fincapé nestes últimos, coa finalidade de que aproveiten estas vacacións para achegarse dunha maneira amena e divertida ao mundo da artesanía tradicional.

O Pacheco máis artístico e marítimo, no Museo do Mar

mércores, 29 xuñ 2011

O Museo do Mar acolle ata 9 de outubro a exposición "Cartas de punto maior. A costa Galega no Arquivo Pacheco", unha mostra que expoñe por primeira vez algunhas fotografías inéditas do Arquivo Pacheco.Trátase dunha recompilación dun total de 85 imaxes realizadas entre os anos 1895 e 1960.