Escoitar

O alcalde recibe o domingo en San Roque aos máis de 1000 participantes na XV Convivencia Familiar Special Olimpics

O alcalde de Vigo, amosou hoxe mércores, o recoñecemento do Concello de Vigo coa asociación Special Olympics Galicia, porque fan visible ante a sociedade os dereitos das persoas, "dos chicos e das chicas con discapacidad intelectual que necesitan dun espacio de intercambio de experiencias e de apio e iso é o que van facer aquí o domingo".

mércores, 29 xuñ 2011
1309352775olimpics.jpg
Nunha rolda de prensa, acompañado polo responsable da organización en Galicia, Eladio Fernández, Caballero presentou a XV edición da Convivencia Familiar que anualmente promove Special Olimpics e que este ano vai desenvolverse o domingo no Pazo de San Roque. e posta en común con Eladio Fernández, responsable de Special Olimpics, cun número "masivo" de asistentes, segundo apuntou o rexedor.

Pola súa banda, Eladio Fernández agradeceu ao alcalde a súa implicación "institucional e persoal" no proxecto e destacou a importancia do evento xa que vai acoller a máis de 1.500 persoas chegadas de 28 asociacións espalladas por Galicia. Ao tempo que recordou que se trata da XV edición desta convivencia, lembrou que a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de Persoas con Discapacidade Intelectual atende a máis de 4.000 usuarios en toda a Comunidade.

Explicou que estas xornadas, que este ano contarán con representación de Special Oimpics Asturias, se organizan para fomentar a participación das persoas con discapacidade intelectual, así como das súas familias, directivos, profesionais e voluntarios, baixo un entorno de convivencia, confraternidade e intercambio de experiencias.
Descargar todas as imaxes