Escoitar
ANUNCIO

OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN NOS CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS

venres, 1 xul 2011
A Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado organiza obradoiros Infantís nos Centros Cívicos Municipais.

Duración: do 1 ao 31 de agosto
Horario:
Centro Cívico Casco Vello: de 10:00 a 13:00 horas
Centro Cívico de Saians, Teis e Coruxo: de 9:45 a 12:45 horas


Requisitos de inscrición:
Ter entre 3 e 13 anos.
Estar empadroado no Concello de Vigo.


Información: Nos obradoiros realizaranse colares e pulseiras, aprenderase a reciclar, haberá contacontos, xogos populares, etc.

Información e inscricións no teléfono 010 de Atención Cidadá