Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 13 out 2011
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 14 DE OUTUBRO DE 2011.

1.- Actas das sesións ordinaria e extraordinaria e urxente do 7 de outubro de 2011.
ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dar conta das Sentenzas e Autos remitidos por Asesoría Xurídica:

a) Decreto do X.Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 366/2010 P.A. Demandante: Dª. LAURA MONTENEGRO FERNÁNDEZ.Obxecto: Resolución do 30.09.2010 sobre sanción de tráfico (Expte.: 108661338) Desestimento da actora.

b) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 263/10 P.O. Demandante: D MIGUEL A. ALVAREZ ALVAREZ. Obxecto: Desestimación presunta do escrito do 10.06.10 (indemnización)- Contrato de Obras , liquidación, Humanización r/Esperanto (Expte.: 54649/250-173/435). Desestimado o recurso.

c) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº P.O. 49/10 Demandante: ATLANTIS – SEGUROS e outra persoa. Obxecto: Resolución do 15.02.2011 (en reposición) reclamación patrimonial (Expte: 2367/423). Desestimado o recurso.

d) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº P.A. 88/11 Demandante: Dª. LORETO RAMOS LAMAS. Obxecto: Resolución do 15.02.2011 (en reposición) sobre sanción de tráfico (Expte: 108703653). Desestimado o recurso.

e) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.O. 494/10 Demandante: COLEXIO OFICIAL DE APRARELLADORES. Obxecto: X.G.L. 30.08.10, solicitude suspensión obras Auditorio Beiramar (Expte: 3285/421). Desestimado o recurso.

f) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.A. 254/11 Demandante: MAPFRE E OUTRA PERSOA. Obxecto: Resolución do 26.02.2010 sobre reclamación patrimonial (Expte: 2760/243). Desestimado o recurso.

g) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 205/2011 P.A. Demandante:Dª SILVIA GONZÁLEZ CIBEIRA. Obxecto:Resolución do 01.04.2011 sobre sanción tráfico (expte.: 108708572) Desestima o recurso.

h) Decreto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 261/2011 P.A. Demandante: D. RUBÉN DO NASCIMIENTO VIEIRA. Obxecto: Silenzo administrativo (Resolución do 04/07/2011) reclamación patrimonial. Expte.: 2811/243. Desestimento da actora.

i) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 218/2011 p.a. Demandante: Dª BENILDE ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ. Obxecto: Resolución do 30.11.2010 sobre reclamación patrimonial (Expte.: 2942/243). Desestimado o recurso.

k) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 263/2011 p.a. Demandante: D. JORGE PALMÁS RODRÍGUEZ. Obxecto: Resolución 20.10.2010. Sanción Tráfico (Expte.: 108701703) Desestimado o recurso.

l) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 210/2010 P.A. Demandante: D. JUAN MANUEL PORTAS OLIVEIRA. Obxecto: Sanción tráfico (Expte.: 108720597) Estimado o recurso.

m) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 236/2010 P.O. Demandante: D. JOSÉ V. RODRÍGUEZ BELLO E OUTRO. Obxecto: "Vía de feito" Acondicionamento de aparcadoiro en superficie na rúa Pereiras-Bravo (Expte.: 61853/250). Estimado o recurso.

BENESTAR SOCIAL
3.- Concesión de subvencións a entidades e asociacións de carácter social, sen ánimo de lucro, para mantemento e para a realización de actividades de área dos Servizos Sociais, ano 2011. Expte. 59009/301.

CONTRATACIÓN
4.- Proposta de autorización á funcionaria Dª. Beatriz Barbará Rodríguez para cursar o "Máster en Contratación Pública". Expte. 3788/241.

5.- Revisión de prezos do contrato do servizo de salvamento e socorrismo en areais do Concello de Vigo. Expte. 7057/306.

6.- Revisión de prezos do contrato da concesión administrativa do servizo de contenerización, recollida e transporte de recicladores autorizados dos residuos sólidos urbanos reciclables. Expte. 19206/240.

7.- Devolución de avais:
a) Construcciones Crespo S.A. Expte. 2005/443.
b) Comercial Automoto S.A. Expte. 3729/241.

EMPREGO
8.- Promoción de cualificación como ILE (Iniciativa Local de Emprego) da empresa "DIVINA'S CAKE S.L." Expte. 8588/77.

9.- Proposta de autorización para asistencia a un seminario internacional en Turquía do orientador Xosé Alberte Cea Rodríguez, os días do 24 ao 28 de outubro. Expte. 8555/77.

FOMENTO
10.- Contratación por procedemento aberto dos servizos de recollida, transporte e entrega a xestor autorizado dos residuos procedentes de construción e demolición xerados polo taller do servizo de Vías e Obras do Concello de Vigo. Expte. 947/440.

11.- Proxecto de humanización da rúa Nicaragua. Expte. 2012/443.

12.- Proxecto de humanización da rúa Menéndez Pelayo. Expte. 2013/443.

13.- Proxecto de humanización da rúa Doutor Marañón. Expte. 2014/443.

14.- Proxecto básico e de execución de reforma de local en planta baixa para Escola Infantil en Lavadores, Ramón Nieto nº 302. Expte. 2015/443.

15.- Proxecto de humanización da rúa Aragón. Fase II. Expte. 2017/443.

16.- Proxecto de humanización da rúa Martínez Garrido. Fase II. Expte. 2016/443.

MEDIO AMBIENTE
17.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Medio ambiente durante o mes de setembro de 2011. Expte. 8021/306.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
18.- Devolución de avais:
a) DICONSA. Expte. 81238/210.
b) Asociación Motolagartos de Vigo. Expte. 81236/210.
c) Noemi Rumbo Vidal "Feira dos Continentes". Expte. 79765/210.
d) Construcciones Gompre S.A. Expte. 81239/210.
e) Comisión de Festas Virxe dos Afrixidos de Zamáns. Expte. 81248/210.

19.- Rectificación do acordo da X.Goberno local do 16.09.11 sobre devolución de aval á Asociación de Festas Patronais de San Salvador de Coruxo. Expte. 81011/210.

PATRIMONIO
20.- Recurso de reposición da Comunidade de Montes en Man Común de Teis contra acordo da Xunta de Goberno local do 14.06.2010, sobre reversión de terreos expropiados para execución do proxecto EDAR do Zoolóxico de Vigo. Expte. 57888/250.

21.- Pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán a concesión administrativa para o aproveitamento privativo do inmoble "Cafetería-Mirador do Castro" no Parque do Castro. Expte. 18694/240.



URBANISMO
22.- Operación xurídica complementaria do Proxecto de Compensación do Polígono 6 do PEPRI de Bouzas. Expte. 5030/401.

23.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 14 de outubro de 2011, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 11 de outubro de 2011.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.