Escoitar

Normalización promove 120 actividades para 4.000 alumnos no primeiro trimestre escolar

O concelleiro de Normalización Lingüística, Manel Fernández, presentou este xoves as actividades programadas polo departamento municipal para o primeiro trimestre do curso, co obxectivo de "dinamizar e normalizar" o uso do galego nos centros escolares vigueses. O edil subliñou o "compromiso" do goberno municipal en xeralizar o uso da nosa lingua.

xoves, 13 out 2011
1318507964IMG_4018.JPG
O concelleiro de Normalización Lingüística, Manel Fernández, presentou hoxe xoves as actividades programadas polo departamento municipal para o primeiro trimestre lectivo, un total de 120 actividades para 4.000 alumnos e alumnas de Vigo.

Segundo detallou o edil, o "compromiso" do goberno de Vigo pasa por "desenvolver aqueles eidos que fagan posible que o uso da nosa lingua sexa máis xeralizado" e unha parte "importante" deste obxectivo atópase nos centros educativos.

Desde mañá venres e ata o 14 de decembro, Normalización Lingüística desenvolverá actividades para Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, algunhas xa consolidadas e cunha gran "demanda" entre os colexios repetiranse e outras serán novidades este curso.

Fernández explicou que esta programación ten a finalidade de "dinamizar e normalizar" o uso do galego, en particular na poboación infantil. Para definir as accións, o goberno local traballou da man do profesorado e dos equipos de dinamización lingüística dos distintos centros.
Descargar todas as imaxes