Carmela Silva adianta que a nova sede da Seguridade Social en Vigo terá licenza en 15 días
A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, informou este xoves de "dúas boas novas" para a cidade, como son a recepción parcial das obras de humanización do treito entre Rosalía de Castro e García Barbón, que permitirá proceder á súa apertura; e, en segundo lugar, a concesión en 15 días da licenza para o edificio da Metalúrxica, onde o Goberno de España investirá 24 millóns de euros na nova sede da Tesorería da Seguridade Social.
A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, adiantou hoxe xoves que a nova sede da Tesorería da Seguridade Social -a edificar no edificio da Metalúrxica cun investimento de 24 millóns de euros- recibirá licenza en 15 días.
En rolda de prensa, Silva informou deste paso unha vez Patrimonio da Xunta de Galicia resolveu favorablemente sobre o inmoble, condicionada a unhas modificacións a supervisar polo Concello. Mañá venres remata o prazo para que a Tesorería presente no departamento municipal de Urbanismo o proxecto reformado, tras o que a edil comprometeuse a tramitar a licenza en quince días.
Apertura Rosalía de Castro
En segundo lugar, a concelleira informou da entrada, esta mesma mañá, no rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do acto de recepción parcial das obras de humanización de Rosalía de Castro con García Barbón, un trámite que permitirá aos funcionarios municipais elaborar o informe técnico para aprobalo mañá venres, fóra da orde do día polo procedemento de urxencia, no Consello da Xerencia e na Xunta de Goberno Local.
Estes pasos cumprimentan todos os requisitos legais para a súa apertura e, unha vez obtida a luz verde en ambos foros, o prazo para abrir o treito será "moi breve", apuntou Silva. A primeira tenente de alcalde agradeceu o "enorme esforzo" dos técnicos municipais na elaboración dos informes e na resolución da licenza, co obxectivo de que Urbanismo sexa un departamente "máis áxil e eficaz".
Descargar todas as imaxes