luns, 10 out 2011
O alcalde de Vigo acudiu este luns á Porta do Sol, onde está ubicada un aula itinerante para a formación de ata 24 persoas no sector da construción. Caballero explicou que esta "idea notable" permite formar aos interesados nas novas técnicas e ferramentas empregadas na construción, con cursos que van desde as oito horas ata as 50.
luns, 10 out 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este luns no acto organizado pola Asociación DOA para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental, no que o rexedor deu lectura a un manifesto para a "integración social" dos enfermos e chamando á "acción social colectiva" en favor destes e dos seus familiares. Caballero reiterou o "apoio" do Concello a DOA e a calquera entidade que traballe polos dereitos dos enfermos mentais.
luns, 10 out 2011
O alcalde de Vigo mantivo este luns unha reunión co comité organizador deste Congreso, que celebrarase en Vigo no mes de marzo de 2013. A cidade acollerá por tanto o foro no que os profesionais farán balance da situación das librerías e do sector do libro. A organización prevé reunir na cidade olívica a unhas 250 persoas durante catro días.
luns, 10 out 2011
O Verbum acolle o martes 11, o inicio da 2ª edición do obradoiro "Novas tendencias do pensamento contemporáneo" organizado polo colectivo Proxecto Derriba e que se desenvolverá os martes e xoves de outubro, en horario de 18 a 19.30.