Escoitar

O alcalde deu lectura a un manifesto polo Día Mundial da Saúde Mental

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este luns no acto organizado pola Asociación DOA para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental, no que o rexedor deu lectura a un manifesto para a "integración social" dos enfermos e chamando á "acción social colectiva" en favor destes e dos seus familiares. Caballero reiterou o "apoio" do Concello a DOA e a calquera entidade que traballe polos dereitos dos enfermos mentais.

luns, 10 out 2011
1318251038doa.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu hoxe luns lectura a un manifesto polo Día Mundial da Saúde Mental, nun acto celebrado en Príncipe, fronte ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

En declaracións aos medios, Caballero indicou que este evento pretende o recoñecemento destas enfermidades e chamar á "acción social colectiva en favor dos enfermos e das familias", para traballar pola "integración social" dos afectados. O alcalde transmitiu o seu apoio tanto a asociación DOA como a todas aquelas que operan neste sentido.

PROCLAMA DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL
"CONSIDERANDO que o Día Mundial da Saúde Mental está promovido pola Federación Mundial para a Saúde Mental (WFMH) e apoiado pola Organización Mundial da Saúde para promover a saúde mental entre a poboación;

CONSIDERANDO que a Confederación escolleu por lema "Afronta o reto: colabora na mellora da saúde mental", para animar a que entre todos/as colaboremos na construción dunha sociedade máis incluínte;

CONSIDERANDO que a estigmatización social e a discriminación son tan graves que ata desalientan a moitas persoas a recoñecer que teñen un problema de saúde mental e seguir un tratamento.

CONSIDERANDO que o empoderamento é un elemento fundamental do desenvolvemento humano e do exercicio da cidadanía;

CONSIDERANDO que é preciso axustar o noso ordenamento xurídico ao establecido na Convención ONU sobre os dereitos das Persoas con Discapacidade para evitar situacións de exclusión social;

CONSIDERANDO que en España xa existe un marco lexislativo apropiado para atender á saúde mental e que é preciso cumprir e desenvolver tal e como establece a Estratexia en Saúde Mental;

CONSIDERANDO que a pesar dos avances, os recursos de atención en saúde mental aínda son insuficientes, en cantidade e calidade;

Eu, Abel Caballero, proclamo pola presente o 10 de outubro de 2011 como o Día Mundial da Saúde Mental no Estado e insto ao Goberno central, aos gobernos autonómicos e locais, organizacións non gobernamentais, medios de comunicación, sociedades científicas, profesionais da saúde e a atención social e a toda a cidadanía, a que:

- promovan a mellora da saúde mental;

- faciliten que as persoas con problemas de saúde mental desenvolvan ao máximo as súas capacidades para alcanzar unha maior autonomía e participen na toma de decisións que lles concernen;

- reivindiquen e aposten por un investimento adecuado destinada a establecer e manter programas coordinados de prevención, diagnóstico precoz, terapéuticos e rehabilitadores para realizar unha atención sociosanitaria integral e continuada das persoas con trastornos mentais ou en risco de desenvolvelos;

- favorezan a inclusión social e fomenten a erradicación do estigma e a discriminación aínda hoxe existentes;

Insto a todos os meus concidadáns/as a que participen nas actividades planificadas para a celebración do Día Mundial da Saúde Mental para lograr que a saúde mental impórtenos a todos/as".
Descargar todas as imaxes