Caballero propón a construcción dunha conducción de emerxencia entre os ríos Oitavén e Verdugo á Estación Depuradora do Casal
O Concello de Vigo vai remitir á Xunta e ao Ministerio de Medio Ambiente un proxecto de conducción de emerxencia entre a confluencia de Verdugo e Oitavén cara a ETAP de Casal para garantir o abastecemento en previsión de que nos próximos dez días non chova. Caballero, quen recordou que a presa de Eiras está ao 46,38%, indicou que "usando o excedente de caudal dos ríos, por riba do ecolóxico, obteríamos o 60 por cento do que se consumo da cidade".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitirá hoxe luns un proxecto de conducción de emerxencia que garanta o abastecemento de auga na cidade no caso de que sega sen chover nas próximas semanas. Trátase, segundo indicou, dunha canalización desde a parte baixa da confluencia do Verdugo e o Oitavén cara á ETAP de Casal, o tempo de obra sería duns 45 días e o custe cifrouno entre 4 e 5 millóns de euros. Ao utilizar o excedente de caudal -sempre por riba do ecolóxico-, explicou, obteríamos o 60 por cento do que consumimos na cidade de Vigo, polo que só usaríamos o 40 por cento procedente da presa. Avanzou que "temos dez días para tomar esta decisión porque non quero que esta cidade esté en emerxencia nun mes e medio". Recordou que a Xunta de Galicia xa tería que ter construida xa esta infraestrutura porque "os xestores públicos temos que preveer as situacións de emerxencia para que non se corran riscos". Nesta liña, confiou en que exista "máxima cooperación con todas as administracións" para solucionar este problema.
Na intervención cos medios de comunicación, recordou que a presa de Eiras baixou tres puntos porcentuais o seu volume embalsado, está nun 46,38% e o consumo supón a baixada de medio punto porcentual ao día. Remarcou que non hai previsións de choivas nos próximos días polo que fixo un novo chamamento ao consumo responsable tanto doméstico como nas empresas. Desde o punto de vista do Concello, indicou que o consumo está reducido xa nun 95 por cento, o máximo sen chegar á alerta máxima, e engadiu que nas zonas de botellón o baldeo quedou limitado só aos días seguintes á presenza da mocidade. Avanzou que se non chove, en pouco tempo "teremos que pedirlle máis esforzo ás empresas sempre que non afecte ao normal funcionamento das compañías".
Descargar todas as imaxes