Escoitar

Caballero sinala que a cancelación do aluguer do edificio Asefal supuxo un aforro de 250.000 euros por ano

O alcalde de Vigo defendeu hoxe martes a cancelación do contrato de aluguer do edificio Asefal porque supuxo un aforro de 250.000 euros por ano. Caballero calificou que "escándalo" o prezo acordado pola súa antecesora no cargo e adiantou que as entidades vencelladas ao Concello que alí operaban -FAIMEVI e a Fundación Carlos Casares- son realoxadas nas dependencias municipais de Areal.

martes, 11 out 2011
1318336575Imagen010.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que a cancelación do contrato de aluguer do edificio Asefal supón un aforro de 250.000 euros por ano ás arcas municipais.

Caballero defendeu así esta medida, adoptada ante o "escándalo" dun contrato realizado pola súa antecesora no cargo, segundo denunciou. O inmoble está "deteriorado" e "non cumpre as garantias de seguridade" polo que o goberno local decidiu cancelar este acordo e reubicar a aquelas institucions vencelladas ao Concello.

Explicou o primeiro edil que FAIMEVI e a Fundación Carlos Casares teñen convenios co consistorio vigués e deixan Asefal para ser realoxados no edificio municipal de Areal, sen custo para o Concello. O alcalde defendeu a "política de austeridade" levada adiante cun aforro nesta operación de 250.000 euros.
Descargar todas as imaxes