Escoitar

Charla "Mulleres con historia"

O ciclo "Mulleres con Historia" centrará a próxima charla en Sofía Casanova (1861-1958), escritora, poeta e xornalista. A sesión presentada pola profesora Rosario Martínez será o xoves 13, ás 19 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas, servizo adscrito á concellería de Igualdade.

martes, 11 out 2011
1318333948sofiacasanova.jpg
Sofía Casanova
"SOFIA CASANOVA" (1861-1958)
Esta escritora, poeta e xornalista, nacida na cidade da Coruña, é a outra gran muller galega xunto a Rosalía, Concepción Arenal e Pardo Bazán. Sen embargo, a súa vida e obra é case descoñecida. A súa produción literaria vai ser inmensa pero o que máis destaca é a súa obra como cronista. Foi a primeira correspondente de guerra galega e a súa actividade por Europa vaille permitir vivir acontecementos como a loita das sufraxistas en Inglaterra, o desenvolvemento do sindicalismo, a formación do Partido Bolchevique na Rusia zarista e, sobre todo, as dúas guerras mundiais e a persecución dos xudeos polo réxime nazi.

Este ano conmemórase o 150 aniversario do seu nacemento.

Relatora:
Rosario Martínez, profesora de Lingua e Literatura Española no ensino medio (agora xubilada). Licenciouse en Filoloxía Románica e, logo das oposicións, fixo a súa tese de doutoramento sobre Sofía Casanova.

A charla terá lugar o xoves, día 13 de outubro, ás 19 horas nos locais do no Centro de Documentación e Recursos Feministas, R/ Joaquin Yáñez 6, 2º andar
Descargar todas as imaxes