luns, 31 ago 2009
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns recibir a segunda anualidade de medio millón de euros procedente da Xunta de Galicia para o Plan Municipal de Emprego, e validou as bases para subvencionar con 30.000 euros a empregados propostos por empresas. En total, segundo indicou Abel Caballero, serán 140 persoas as que traballen este ano grazas ao Plan Municipal de Emprego.
luns, 13 xul 2009
A Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente hoxe luns a declaración de zona protexida do entorno do Berbés, que inicia así a súa tramitación administrativa para estar en vigor aproximadamente "a finais de setembro". O Berbés será a segunda zona libre do chamado botellón, despois da protección de Loriga que "está a funcionar francamente ben", salientou Abel Caballero.
mércores, 8 xul 2009
A Xunta de Goberno Local aprobou un acordo co Conservatorio Profesional de Música de Vigo sobre a posibilidade de contar nas cerimonias matrimonias que se realizan por parte do Concello cos servizos de cuartetos de corda —dous violíns, viola e violoncello—, de clarinetes, ou de dúos de corda, compostos por dous violíns, violín e viola ou violín e violoncello, cuxo prezo para os contraintes sería de 30 € por participante na agrupación musical.<br />
<br />
<br />
martes, 7 xul 2009
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe , nunha sesión extraordinaria e urxente, o programa de reforzo da Policía Local para o ano 2009, de carácter voluntario, e co fin de atender os servizos ordinarios e os propios da época estival.