Escoitar

Xunta de Goberno Local

Orde do día:

venres, 5 feb 2010
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 8 DE FEBREIRO DE 2010.


1.- Acta da sesión ordinaria do 21 de decembro e sesión extraordinarias e urxentes do 22 e 23 de decembro do ano 2009.

ATENCIÓN CIDADÁ
2.- Rectificación de erros materiais no acordo de concesión ou denegación de axudas municipais á creación de empresas do ano 2009 no Marco do Plan municipal de Emprego 2008-2011. Expte. 6704/77.

CULTURA
3.- Asistencia da técnica de xestión da programación do Departamento de Cultura ao Foro Internacional das Artes Escénicas Escenium 2010. Expte. 12019/331.

4.- Participación do Concello de Vigo na XXVIII edición do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor. Expte. 12032/331.

DEPORTES
5.- Proxecto de convenio entre a Concellería de deportes e as entidades deportivas C.D. Coia e S.D. Cristo da Victoria para o regulamento dos usos no campo Municipal da Bouza. Expte. 8539/333.

6.- Proxecto de convenio con Hipigal S.L. pola organización da Copa do Mundo de saltos de obstáculos -Vigo 2010. Expte. 9298/333.

7.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e Servicios Hípicos Hipigal S.L. para o desenvolvemento dun programa de promoción da cidade de Vigo con motivo da celebración da Copa do Mundo de Saltos de Hípica. Expte. 1091/107.

8.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e Servicios Hípicos Hipigal S.L. para o desenvolvemento do proxecto "Actividades culturais e folclóricas con ocasión da celebración da Copa do Mundo de Hípica 2010". Expte. 3460/335.

EDUCACIÓN
9.- Solicitude á Consellería de Educación da Xunta de Galicia da desafectación do uso educativo do edificio de propiedade municipal sito en Casiano Martínez, 18. Expte. 11343/332.

EMPREGO
10.- Plan de seguridade e saúde da obra "Acondicionamento das instalacións de Vigozoo". Expte. 6698/77.



MEDIOAMBIENTE
11.- Proposta de delegación da competencia de potestade sancionadora da Xunta de Goberno local, en materia derivada da Ordenanza municipal reguladora da convivencia cidadá e o ocio do termo municipal de Vigo, na Concellería de Medio Ambiente. Expte. 6899/306.

RECURSOS HUMANOS
12.- Gastos de locomoción persoal municipal, novembro-decembro 2009. Expte. 19637/220.

13.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal municipal correspondente aos meses de agosto e decembro de 2009. Expte. 19604/220.

14.- Dar conta da resolución sobre acumulación de funcións de D. Juan Carlos Román Casas. Expte. 22202/502.

15.- Dar conta da resolución que deixa sen efecto a redución de xornada autorizada á funcionaria D.ª Cristina Gómez García. Expte. 19626/220.


VIAS E OBRAS
16.- Devolución de aval a Justo Román S.L. por ocupación da vía pública por obras na rúa Urzáiz 176. Expte. 60284/250.

17.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 8 de febreiro de 2010, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 4 de febreiro de 2010.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.