venres, 5 feb 2010
Abel Caballero inaugurou este venres o renovado parque de Maruja Mallo, con 80.000 euros de investimento, zona axardinada e novos xogos na zona infantil. O rexedor cifrou en 6 millóns de euros a cantidade que destinará o Concello aos parques infantís en 2010, entre os orzamentos municipais e a achega do Goberno de España. O obxectivo de Caballero pasa por atender a demanda cidadá de facer de Vigo unha "cidade para os pequenos".
venres, 5 feb 2010
Diferentes actos de solidariedade cos habitantes de Haíti vanse a celebrar en Teis e Zamáns mediante o desenvolvemento de actuacións musicais e unha andaina solidaria, actividades que están encamiñadas a recadar fondos para axudar aos afectados polo terremoto que destruí a meirande parte das poboacións da citada illa caribeña.<br />
venres, 5 feb 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, presentaron a exposición "Vicus x Haití", que dende o 13 de febreiro ao 7 de marzo reunirá obras de 150 artistas na Casa das Artes baixo a coordinación de Mingos Teixeira. A recadación da venda das obras de arte, que se poderán adqurir ao 50% do seu prezo, destinarase á axuda de nenos e nenas do país caribeño a través de Unicef.
venres, 5 feb 2010
"Feminismo galego, cambios e dereitos das mulleres", é o nome da exposición que se pode ver ata o 5 de marzo na Casa das Mulleres de Vigo, unha mostra accesible e didáctica aberta a diferentes públicos que mediante materiais diversos afonda nos cambios sociais e dereitos da muller desde os tempos da Revolución francesa ata o nosos días, pero con especial atención aos feitos relacionados co feminismo na sociedade galega. <br />