Escoitar

Teis e Zamáns convocan actos de solidariedade con Haití

Diferentes actos de solidariedade cos habitantes de Haíti vanse a celebrar en Teis e Zamáns mediante o desenvolvemento de actuacións musicais e unha andaina solidaria, actividades que están encamiñadas a recadar fondos para axudar aos afectados polo terremoto que destruí a meirande parte das poboacións da citada illa caribeña.<br />

venres, 5 feb 2010
1265377148cartelhaiti.jpg
A primeira convocatoria está prevista no auditorio do Centro Cívico de Teis o sábado a partir das cinco da tarde e ata as nove e media da noite, donde estarán presentes varios artistas e asociacións que baixo o título "Ahora toca Haítí". Asemesmo acudirán a esta cita solidaria musical varias autoridades, entre elas a consul xeral de Uruguay, Marta Echarte.

Os artitas que colaboran no evento son a Comparsa Urumundo, grupo uruguayo de Carballo, o cantautor Yhosvay Palma, o grupo de rock Arkanos, Franbanfield tangos e El Tigre Rivero. O programa inclúe tamén lectura de poemas a cargo de Carlos Vela, Walter César e o seu grupo e representacións de varias asociacións de inmigrantes de Galicia.

A recadación será ingresada nunha conta da Cruz Vermella Internacional. A entrada é gratis e só se pedirá una donación solidaria de forma voluntaria. Colaboran o Concello de Vigo e Cruz Vermella.

Andaina
Pola súa banda, a Asociaciòn Cultural Karraskalrock de Zamáns organiza unha Andaina Solidaria para a xornada do 20 de febreiro e destinada a recadar fondos para ingresar nunha conta corrente de Caixanova para os damnificados polo terremoto de Haití. O participantes na referida convocatoria dispoñen dun percorrido de 15 kilómetros pola parrqouia de Zamáns, o seu entorno e o monte Galiñeiro.

A actividade dará comezo as 10.30 horas na praza da Iglesia de Zamán para salir con dirección ao alto de Herville e seguir ata o monte Galiñeiro por pistas forestais. Despois haberá unha baixada cara o punto de partida pola outra ladeira para chegar a praza donde comezou a actividade. Os organiadores salientan que non se trata dunha competición deportiva, pois máis ben consiste nun dìa de paseo polo monte co obxectivo de admirar as vistas que a natureza ofrece nos tramos da ruta. A duración do desprazamento está fixado en tres horas e a dificultade e media-baixa.

Ao final os participantes podrán degustar un cocido no bar Horacio, situado na praza da Iglesia de Zamáns. A cuato de inscripación será de 20 euros a ingresar na conta de Caixanova aberta para a andaina solidaria de axuda humanitaria a Haíti. A inscripción está aberta ata o 12 de febreiro.
Descargar todas as imaxes