Escoitar

O Verbum acolle a exposición "Unha viaxe con Ramón Cabanillas a través da Fotografía"

Do 4 de febreiro ao 21 de marzo o Verbum amosa a mostra "Unha viaxe con Ramón Cabanillas a través da Fotografía".Co gallo da celebración no 2009 do Ano Cabanillas foron varias as iniciativas para recuperar a memoria deste insigne autor das nosas Letras. Desde o museo Verbum decidiuse programar unha exposición que dese unha visión íntima e persoal sobre o traballo do autor, que achegara ao<br /> Ramón Cabanillas máis íntimo a través da escolma de trinta e tres traballos realizados por once fotógrafos galegos actuais baseados na obra de Cabanillas, presente tamén na exposición.

xoves, 4 feb 2010
Os artistas seleccionados (Iñaki Abella, Quico Álvarez, Eduardo Apariz, Luís Barreiro, Mónica Irago,
Martina Miser, Emilio Moldes, José Luiz Oubiña, Carlos Puga, Xaquín Rosales e Mónica Vila)realizaron un labor de introspección e afondamento na lírica do poeta do Salnés, sendo esta exposición o resultado fotográfico dese traballo de creación libre, íntimo e persoal.

Na mostra poderemos ver as instantáneas que foron inspiradas e guiadas pola obra do poeta que, xunto
cun pequeno texto dos autores explicando o seu traballo, acompaña estas imaxes.

A mostra está organizada pola asociación Candea (Asociación de ensinantes do Salnés) e dirixida e
comisariada por Fotoxoguete.