O alcalde subliña o "importante esforzo inverstidor" do orzamento municipal de 2010, que ascende a 246 millóns
Despois da súa aprobación onte martes polo goberno local, Abel Caballero destacou hoxe do orzamento do Concello para 2010 os 16 millóns de euros destinados ao departamento de Vías e Obras para humanizacións maioritariamente, os máis de 4 millóns de euros para Parques e Xardíns e os máis de 3 millóns para xeración de emprego. O alcalde tamén subliñou o incremento de case un 13% con respecto a 2009 no gasto social.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou este mércores o "importante esforzo investidor" do goberno local recollido nos orzamentos do Concello para 2010, que ascenden a un total de 246 millóns de euros, un 7,5% máis que o do ano anterior.
As contas municipais para 2010 foron aprobadas polo goberno local na mañá de onte, e hoxe o alcalde quixo destacar o incremento dos investimentos con respecto a 2009 -que aumentan nun 49%- e a contención do gasto corrente -que sube un 3%-. Sobre este último punto, Caballero subliñou o ascenso en case un 13% con respecto a 2009 do gasto social.
Sobre os investimentos para 2010, o rexedor socialista salientou os 16 millóns de euros destinados a Vías e Obras, que maioritariamente traduciranse en humanizacións, o que supón un 70% máis do destinado ao efecto en 2009.
Caballero afirmou que 2010 será "o ano dos parques e as zonas verdes", polo que o orzamento para este departamento sube a 4,2 millóns de euros, multiplícase por 2,5 con respecto a 2009.
Por último, o alcalde resaltou que "en un ano dificil queremos incidir na xeración de emprego", polo que o orzamento municipal de 2010 recolle unha partida de 3,2 millóns de euros para este obxectivo.
350 millóns
Na presentación do terceiro orzamento municipal do actual goberno local, o alcalde quixo facer balance dos investimentos do Concello nos tres últimos anos, unha cifra que ascende a 250 millóns unicamente computando as contas do Concello, 350 millóns sumando as achegas do Goberno de España con cargo ao Plan E.
Abel Caballero asegurou que esta cifra en tres anos cuadriplica o investimento do Concello de Vigo nos catro anos anteriores.
Descargar todas as imaxes