Escoitar

O alcalde apunta que en dúas semanas iniciaranse as humanizacións de Escultor Gregorio Fernández e Manuel Álvarez

A Xunta de Goberno Local celebrada este martes aprobou os plans de seguridade e saúde de ambas humanizacións, paso previo ao inicio dos traballos de mellora das rúas. A reforma de Manuel Álvarez suma un investimento de 5,2 millóns de euros e a humanización de Escultor Gregorio Fernández ascende a 1,1 millóns. O goberno local adxudicou asemade o contrato de mantemento dos contedores soterrados da cidade.

martes, 2 feb 2010
1265117648P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe martes da aprobación dos plans de seguridade e saúde das humanizacións de Escultor Gregorio Fernández e de Manuel Álvarez, paso inmediatamente anterior ao inicio das reformas nas próximas dúas semanas.

A Xunta de Goberno Local, celebrada este martes en sesión ordinaria, deu o seu visto bó aos plans para humanizar ambas rúas, cun valor de 6,3 millóns de euros en total. Escultor Gregorio Fernández, unha rúa "moi deteriorada e abandonada" en verbas do alcalde, suma un investimento de 1,1 millóns; a reforma de Manuel Álvarez, pola súa banda, ascende a 5,2 millóns.

Ambas humanizacións levarán as mismas características que as efectuadas na cidade, con renovación das redes de saneamento e abastecemento, reordenación viaria, ampliación de beirarrúas, etc. Manuel Álvarez requeríu además de expropiacións para ampliar a calzada.

Parroquias
Abel Caballero salientou asemade a aprobación de sendos plans de seguridade e saúde para distintas melloras en parroquias da cidade, que tamén darán paso aos traballos de forma inmediata.

As actuacións aprobadas hoxe martes polo Concello son as humanizacións de Camiño Cruz e rúa do Carballal, en Bembrive, por 290.000 euros; Curros e Baixada ao Capitán, con 181.000 euros de investimento; a rúa Castaña, en Alcabre, con 158.000 euros de orzamento; e a ampliación da rede de saneamento de Coruxo por valor de 137.000 euros.

Mantemento de contedores soterrados
O alcalde fixo tamén fincapé na adxudicación definitiva -validada este martes polo goberno local- do contrato de mantemento e reparación dos contedores soterrados de Vigo. Caballero salientou que é a primeira vez que realizase no Concello un contrato destas características, adxudicado á empresa Formato Verde.
Descargar todas as imaxes