Escoitar

Punto Xove acolle a exposición Gotas traídas do Brasil

Gotas traídas do Brasil é o titulo da exposición fotográfíca de Daniel Lema Vidal que hoxe luns comenzou a súa andaina ata o 16 de febreiro no segundo andar do Punto Xove, na rúa López Neira 27, da Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo, un espazo no centro da cidade aberto ao intercambio e colaboración entre a xuventude e as institucións municipais.

luns, 1 feb 2010
1265027277expofoto.JPG
A colección de fotografías exposta por Daniel Lema recolle a súa viaxe por terras brasileiras, todo un continente de ampla diversidade natural e humana que aparece nas imaxes recollidas en diferentes lugares como Bahía, Amazonas, Rio Grande do Norte, Matto Grosso do Sul, Maranhao e Ceará, entre outros. As paixases, nas que o elemento humano ocupa un lugar destacado pola súa espontaneidade, constituen os elementos principais da exposición, aínda que tamén os animais forman parte tamén dese decorado natural.

Daniel Lema recoñece que o título da súa exposición responde a que as fotografías "son gotas que, ademais de a mín, salpicaron por sorte tamén a miña cámara". Desas salpicaduras dan fe as imaxes que destacan as cores dos ríos, desde os verdes aos negros, e donde case sempre aparece a figura humana en actos cotidianos que teñen que ver co ocio dos pequenos ou coa laboura da xente en torno a pesca ou a agricultura Nesa liña están as instantáneas que con efectivo encadre captan paisaxes de natural colorido, un dos acertos de Lema Vidal.

Gotas traídas do Brasil permanece aberta ao público no Punto Xove ata o 16 de febreiro, en horario de luns a venres, de 9 a 14 e de 17 a 20 horas. En próximas datas, en concreto ata o 15 de abril, no citado lugar están previstas as exposición e actividades La bañera del trampolín, Pintura de José Miranda, Espazo Proxecta dedicado a Mashi Trasi Que Trasi, presentación do libro multimedia Elucubración dunha mente en proceso de sé-lo e Brainstorming.
1265027277expofoto.JPG
1265027284expofoto2.JPG
Descargar todas as imaxes