Escoitar

O MARCO ofrece as "Cousas que só un artista pode facer"

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo ofrece desde hoxe, nas salas do primeiro andar, Cousas que só un artista pode facer, unha singular exposición que ten en conta a presenza do humor en obras adscritas a distintas correntes e pertecentes a unha ducia de creadores de diferentes nacionalidades pero que coinciden na forma de traballar. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 2 de maio.

venres, 29 xan 2010
1264773504marcoxaneiro.jpg
Con motivo da apertura da exposición, fíxose a presentación da mesma nas dependencias do MARCO por parte do director deste museo, Iñaki Martínez Antelo, e os comisarios da exposición, David Arlandis e Javier Marroquí. Despois da presentación tivo lugar unha visita a mostra guiada pola exposición a cargo dos comisarios e do artista Enrique Lista.

A exposición "Cousas que só un artista pode facer" xorde como parte dunha investigación que estuda a presenza do humor na arte contemporánea, segundo os organizadoras da mesma, quenes resaltaron que o proxecto céntrase na presenza de actitudes artísticas nas que o humor é o protagonista destacado ata o punto de arrimarse ao absurdo.

Un paseo polas salas que acolle a exposición ven a amosar que os traballos alí reunidos son froito dun grande esforzo, ás veces un traballo irracional e desproporcionado en relación co que se pretende crear, pero que, a través do absurdo, ten moi en conta os intereses dos artistas actuais de utilizar o humor como vehículo de expresión. Esas características das obras expostas falan por si mesmas ao revelar a evolución dos astistas.

Os participantes na exposición comparten referentes artísticos, en especial na maneira de traballar, porque as pezas que se expoñen nas salas son vestixios de accións, rexistros, documentación ou dispositivos que falan desde proxectos, recordaron os organizadores de Cousas que só un artista pode facer.

As obras que se poden ver no primeiro andar do MARCO foron creadas por Julien Berthier, Gelitin, Piero Golia, Leopold Kessler, Yamashita+Kobayashi, Enrique Lista, Aleksandra Mir, Gianni Motti, Paola Pivi, Wilfredo Prieto, Tere Recarens e Xu Zhen.
Descargar todas as imaxes