Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Normas para circulación de vehículos no Casco Vello

Lémbrase á cidadanía que as normas cuxo cumprimento cómpre observar para circular con vehículos no casco vello alto e baixo de Vigo publicáronse no BOP nº 13, de 21 de xaneiro de 2010.

venres, 29 xan 2010
Ditas normas establecéronse mediante resolucións do Concelleiro Delegado de Mobilidade, Transportes e Seguridade de datas 8 de xaneiro de 2010 (exptes. nº 77287/210 e 77288/210).

Na Concellería de Mobilidade, Transportes e Seguridade, sita no sótano 1º do Excmo. Concello de Vigo, facilitarase á cidadanía calquera información que precise.

Esta Concellería espera unha positiva resposta de toda a cidadanía no cumprimento da normativa, para evitar deste modo o exercicio da potestade sancionadora.