xoves, 28 xan 2010
O concelleiro de goberno municipal, Carlos López Font, e o director territorial de Telefónica, Ignacio Aller, participaron hoxe xoves na apertura ao publico da carpa de Innovate de Telefónica, un espazo no que teñen cabida os derradeiros avances tecnolóxicos en materia de saúde, accesibilidade, responsabilidade social, entretenemento e multimedia. Situada na explanada fronte as instalacións do Real Clube Náutico de Vigo, a xente poderá apreciar durante tres xornadas seis ferramentas esenciais das novas tecnoloxías.
xoves, 28 xan 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e a xerente da Fundación Vide, Laura Magdalena, presentaron hoxe as bolsas Vide 2010, coas que a Fundación premia o traballo de deportistas vigueses no 2009 e cuxo prazo se abre do 1 ao 28 de febreiro.
xoves, 28 xan 2010
A iniciativa didáctica Vigo Activities 2009-2010, que se desenvolve dentro do programa educativo municipal Aulas Internacionais, ten aberto o seu calendario ata o mes de febreiro coa actividade "Fálame do teu país/Tell me about your counry", que supón un punto de encontro con persoas que teñen como lengua oficial o inglés. En total na devandita actividade participan preto de 800 escolares de quinto e sexto de primaria pertencentes a 27 centros de ensino de Vigo.
xoves, 28 xan 2010
O alcalde Abel Caballero reuniuse hoxe con representantes da confradía de Bouzas para ratificar o apoio do Concello á ruta marítima xacobea. Este ruta partirá da localidade lusa de Aveiro, continuará por varios portos portugueses, chegado a Vigo e Vilagarcía para avanzar logo por terra ata Santiago.