O pleno acorda pedir á Xunta que retire o decreto do galego no ensino
O pleno da corporación municipal aprobou este luns a moción contra o decreto do galego no ensino que insta a Xunta de Galicia a retirar o borrador do novo decreto sobre o uso das linguas vehiculares presentado o 30 de decembro de 2009 diante da opinión pública. A sesión ordinaria validou tamén a aprobación definitiva do Regulamento do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) e a contratación de servizos de revisión do inventariado municipal.