Continúa aberta ao público a mostra individual de Jorge Barbi no MARCO
Ata o 14 de febreiro continúa aberta ao público na planta baixa do MARCO a mostra individual de Jorge Barbi (A Guarda, Pontevedra, 1950), comisariada por Juan de Nieves. A exposición baséase na idea do percorrido, do paseo, e da observación cotiá da natureza e as súas mutacións, como un extenso arquivo que o artista foi construíndo ao longo do tempo.O argumento creouse a partir de varias series de fotografías realizadas nos últimos anos, xunto cunha coidada selección de pezas anteriores, e novas producións específicas para esta mostra, intentando establecer novas lecturas do seu traballo.
"41º 52’ 59" latitude N / 8º 51’ 12" lonxitude O"
O título da exposición de Jorge Barbi refírese ás coordenadas xeográficas que comprenden a zona pola que o artista realiza os seus percorridos diarios. Dende principios dos anos oitenta, Jorge Barbi adopta a viaxe como método de traballo para a observación dunha xeografía que coñece ben e da que sabe extraer un amplo repertorio de restos e accidentes.
A exposición do MARCO ten como argumento principal a idea do percorrido, así como da observación da natureza e as súas mutacións. O punto de partida constitúeno varias series de fotografías realizadas nos últimos anos, xunto cunha coidada selección de pezas anteriores, e novas producións específicas para esta mostra, de modo que a partir deste conxunto se poidan establecer novas lecturas do seu traballo.
A exposición é unha coprodución da Sociedad Estatal para la Acción Cultural Exterior de España, SEACEX / MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo / CAM Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa
Descargar todas as imaxes