venres, 29 xan 2010
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo ofrece desde hoxe, nas salas do primeiro andar, Cousas que só un artista pode facer, unha singular exposición que ten en conta a presenza do humor en obras adscritas a distintas correntes e pertecentes a unha ducia de creadores de diferentes nacionalidades pero que coinciden na forma de traballar. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 2 de maio.
venres, 29 xan 2010
Os próximos días 4,5 e 6 de febreiro terá lugar no Verbum o obradoiro de pensameneto contemporáneo "Cómo facer cousas coas palabras" que organiza do colectivo "Proxecto Derriba". A actividade, de carácter gratuito, está dirixida ao público xeral , afeccionados á contemporaneidade das ciencias en xeral e universitarios. O prazo de inscrición está aberto ata completar o aforo de 40 persoas.
Xerencia de Urbanismo
venres, 29 xan 2010
O día 30 de novembro de 2009 o Pleno do Concello de Vigo adoptou o seguinte acordo: Aprobar o proxecto de "Adopción de medidas de transposición da Directiva 2006/123/ce e de aprobación do2006 proxecto de ordenanza específica de adaptación básica da tramitación de licenzas urbanísticas e medioambientais", co texto que se transcribe de seguido.
Animación Sociocultural
venres, 29 xan 2010
Conforme o convenio de colaboración asinado polo Concello de Vigo coa Federación de Peñas "El Olivo" e coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, convócanse os seguintes concursos relacionados co Entroido 2010:<br />
Mobilidade e Seguridade
venres, 29 xan 2010
Lémbrase á cidadanía que as normas cuxo cumprimento cómpre observar para circular con vehículos no casco vello alto e baixo de Vigo publicáronse no BOP nº 13, de 21 de xaneiro de 2010.